jueves, 3 de julio de 2008

Naufraxio do Nil


O Nil veu embarrancar en Xan Ferreiro, na costa de Arou, en medio dunha mesta néboa e avaría nos guardíns do temón que lle impedían calquera manobra. Foi no serán do mes de outubro de 1927. No barco había 19 tripulantes e pasaxeiros que ían á bordo, xunto con carga xeral (maquinaria, coches, telas, perfumes e sobre todo champaña) o que fixo atraer a numerosos habitantes dos arredores. Pero polo que mais se recorda o barco é pola champaña que en tanta cantidade transportaba para os colonos africanos. Todo mundo bebeu champaña na zona.
As historias que xerou o Nil na comarca fixo que no ano 1928 os piratas de Ponte do Porto adicaran a comparsa dese ano no entroido.

miércoles, 2 de julio de 2008

Naufraxio do Serpent



O Serpent, era un buque - escola da Marina Real Inglesa, partía o 8 de novembro de 1890 de Plymouth, con direción a Serra Leona.
Dous días mais tarde, acaba a sua viaxe nun lugar no que hoxe se coñece como "Baixo do Serpent".
Tras entrellarse contra as rocas do Boi, o barco e inmediatamente comido por grandes olas, que lanzan con vida as plaias de Trece a tres dos 175 tripulantes do buque - escola.
Os superviventes buscando axuda chegan a parroquia de Xaviña, donde reciben todo tipo de atencions.
Nove dias despois, saía de A Coruña o Lapwing, que esperou a que lle deran a orde da autoridade eclesiástica para consagrar o cementerio onde se enterrarían as victimas, conocido como "Cementerio dos Ingleses"
En mostra de gratitude o Almirantazgo regalóulle unha escopeta o párroco de Xaviña, un reloxo de ouro o alcalde de Camariñas, e un barómetro para o ayuntamiento como representacion do pobo, que ainda se pode ver na fachada de unha casa próxima o porto.
Esta traxedia aumentou as protestas pola falta de sinalizacion costeira dos paises europeos propiciando a construccion do novo faro Vilán.