jueves, 3 de julio de 2008

Naufraxio do Nil


O Nil veu embarrancar en Xan Ferreiro, na costa de Arou, en medio dunha mesta néboa e avaría nos guardíns do temón que lle impedían calquera manobra. Foi no serán do mes de outubro de 1927. No barco había 19 tripulantes e pasaxeiros que ían á bordo, xunto con carga xeral (maquinaria, coches, telas, perfumes e sobre todo champaña) o que fixo atraer a numerosos habitantes dos arredores. Pero polo que mais se recorda o barco é pola champaña que en tanta cantidade transportaba para os colonos africanos. Todo mundo bebeu champaña na zona.
As historias que xerou o Nil na comarca fixo que no ano 1928 os piratas de Ponte do Porto adicaran a comparsa dese ano no entroido.

No hay comentarios: